Mostrando entradas con la etiqueta Amor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Amor. Mostrar todas las entradas

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

AUTOR: Agustín Fernández Paz

EDITORIAL:Xerais


Este libro encantoume porque se fai moi entretido e porque aínda que son relatos diferentes teñen en común que todos os amores foron imposibles.

MARICRUZ (4º ESO)


A min gustoume moito porque son historias de amor cun final triste pero á vez bonitas polas relacións dos protagonistas.

MARTA (4º ESO)


O libro non está mal pero son moitos relatos e confundes un pouco as historias. Os contos, algún especialmente, están moi ben e son moi interesantes porque o que predomina entre todo é que o amor fai calquera cousa.

XAN (4º ESO)


En xeral gustoume bastante aínda que hai historias que non me gustaron como Loanza da filatelia ou Ríos de memoria. Todos os relatos acaban falando de historias de amor ou de alguén que morre e o único que queda é o amor.

YOLANDA (4º ESO)


A verdade é que a min non me gustou moito porque ao haber tantos contos cando rematas non te acordas moi ben de que vai. Ademais algúns contos non me gustaron moito porque parece que quedan incompletos.

MARTÍN (4º ESO)


A min gustoume este libro aínda que opino que algúns relatos se podín estender un pouco máis.

ALFONSO (4º ESO)


Aínda que este libro me pareceu algo lioso porque me perdía un pouco entre historia e historia, as historias de amor que contén son realmente fermosas.

PEDRO (4º ESO)


É un libro moi variado. Ten relatos que me gustaron moito e outros non me gustaron nada. De todos xeitos eu recomendo lelo porque algún vaivos gustar e merece a pena.

JONI (4º ESO)


Este libro en xeral gústame pero penso que o autor se entretén moito en detalles menores.

ROCÍO (4º ESO)


Foi un libro moi variado e interesante. A min impresionáronme as historias como Despois de tantos anos ou Amor de agosto. Tamén me impresionou como pervive o amor aínda co paso do tempo e de que cada quen ten a súa vida feita. Só dúas historias non me gustaron: Loanza da filatelia e Ríos de memoria.

ARANTXA (4º ESO)


Estes relatos parecéronme entretidos e de doada lectura pero penso que deberían ter un final menos triste.

INÉS (4º ESO)


En xeral gustoume pola maneira de expresarse e polo contido dos relatos. Algunha historia pareceume que estaba demasiado liada, que daba moitas voltas para desenvolver o nó do relato.

IRENE (4º ESO)

TODO O VERÁN POR DIANTE


AUTOR: Joaquim Gonzalez i Caturla

EDITORIAL: Galaxia


Ola compañeiros/as!

Hoxe quérovos falar dun libro titulado Todo o verán por diante. Está xenial. Vai de dúas persoas que se queren, as súas familias son moi diferentes e cando van ao instituto teñen moitos amigos e algúns inimigos. Fala da adolescencia, de como somos, das discos, dos pubs, etc.

Se te pos a ler esta novela engánchate desde o principio, non poderás deixar de lela. E se te pos a lela de noite e tes moito sono acabarás durmindo co cansancio, non coa novela. Repito que está xenial e gustaríame que a lésedes. Animádevos. Vai de rapaces e rapazas coma nós.

JENNIFER (2º ESO)

Este libro é moi entretido e bonito. É moi adecuado para os adolescentes porque nos podemos identificar con algún personaxe e nárranse sucesos que poden traer varias consecuencias graves e así fainos entender que con pelexas e insultos non se solucionan as cousas.

Animádevos a ler esta marabillosa novela!

ALICIA (2º ESO)

Esta novela é moi interesante porque trata temas reais que nos afectan á nosa idade. Recoméndoa, ademais, porque é moi entretida.

NURIA (2º ESO)

É un libro moi interesante e moi divertido. Se o empezas a ler es incapaz de parar.

DIANA (2º ESO)

Este libro gustoume moito e é moi divertido porque os protagonistas son rapaces da nosa idade.

TAMARA (2º ESO)

A novela é un pouco de amor e bastante entretida. Destacaría o amor que se sente ás veces sen que te deas conta e animaría a que a lesen os rapaces aos que lles pasa algo parecido.

Este libro é interesante porque pasan cousas que poden suceder na vida real e engancha. Trata sobre uns rapaces que van á escola e namóranse. E se queres saber máis anímate e leo.

ÓSCAR (2º ESO)

Este libro pareceume moi bonito, romántico e divertido. Eu animaría a outros rapaces e rapazas a lelo porque ademais relata asuntos da realidade e do que pasa na adolescencia.

LAURA (2º ESO)

A min gustoume este libro porque conta o que lle pasa a dous namorados e convido a quen queira a lelo porque está moi ben.

RUBÉN (2º ESO)

Este libro gustoume e pareceume moi interesante porque toca temas moi da nosa idade e conta o que lle pasa a un chapón dunha clase de 1º de bacharelato que é moi afortunado.

DAVID (2º ESO)

Todo o verán por diante gustoume moito porque conta o que lle pasa a dous adolescentes na súa relación e tamén como son as relacións dos seus mellores amigos.

SILVIA (2º ESO)

Este libro é bastante bonito porque conta unha historia entretida, que engancha e divírteste moito co que lles pasa aos protagonistas. Eu recoméndoo porque te enganchas, riste e non te aburres.

SANDRA (2º ESO)

Gustoume moito. Do que mai fala é do amor que senten os protagonistas; un amor ás veces complicado pero cun remate...

Eu anímovos a lelo. Vaivos gustar moito e, se cadra, tamén vos namorades.

LUCÍA (2º ESO)

A min a novela pareceume divertida e impresionoume a relación entre os protagonistas. Eu diríavos a todos que a lesedes porque é divertida.

XULIO (2º ESO)

A min este libro gustoume moito porque cando estás lendo non queres parar, queres saber o que ocorrerá. Ademais é divertido e pasan cousas moi reais. Houbo detalles que me gustaron moito.

PATRICIA (2º ESO)

A min esta novela gustoume porque é como se fose real, ademais ten un final feliz. Creo que é un dos libros máis bonitos que lin.

FRAN (2º ESO)

XOGO SUCIO

AUTOR: Manuel de Pedrolo

EDITORIAL: Galaxia


Pareceume unha novela interesantísima porque cando comecei a lela non podía imaxinar como se desenvolvería nin como remataría. Tamén me gustou porque cada páxina tiña a súa parte sorprendente, en cada momento pasaban cousas que non imaxinaba que pasarían.

Eu invítovos a ler esta novela porque engancha moito, xa que sempre tes gana de saber o que pasará...!

Esta novela gustoume moito. Eu aconséllovos que a leades porque é moi intrigante e ata o final non sabes que vai pasar.

ESTEFANÍA (4º ESO)


Paréceme unha obra moi entretida, intrigante e interesante porque nunca esperas o que vai pasar e iso engancha á xente a seguir léndoa.

PEDRO (4º ESO)


Eu tamén recomendo ler esta novela porque é moi entretida e moi intrigante.

EVA (4º ESO )


A novela está ben. Gustoume debido a que ten intriga e anima a seguir lendo porque cando sabes unha parte queres saber o que pasa un pouco máis adiante e iso é o bo que pode ter un libro. Tamén me gustou porque se entende ben e non é moi longa.

RUBÉN (4º ESO )


Eu animo á xente a que lea este libro xa que é bastante fácil e non é moi longo. A min encantoume pero o final non demasiado, xa que a historia de amor era moi boa pero.... Aínda así anímovos a lelo xa que vos pode aportar moitas cousas; eu aprendín bastantes cousas.

DIEGO (4º ESO)


Esta novela é moi bonita e está moi ben. O argumento está moi ben pensado. O final é inesperado e bo. Penso que é unha boa lectura.

XAN (4º ESO )


Esta novela gustoume porque ten moita intriga e obrígate a lela porque queres saber o que vai pasar despois; ademais mestura o amor co odio en pouco tempo e , o mellor de todo é que é fácil de ler e tamén e curta.

MARTÍN (4º ESO)


Esta novela gustoume pero decepcionoume un pouco que podes anticipar bastante pronto parte do final. Penso que o autor debería esperar máis para que non se cortase a intriga. Con todo o final estivo ben e aínda se gardan sorpresas para que a novela acabe dun xeito inesperado.

SARA (4º ESO)


A min a novela gustoume aínda que non me gustou o final. Eu remataríaa de xeito diferente. Penso que a deberiades ler todos os rapaces e rapazas xa que situacións como a que aparece na novela tamén pasan na vida real.

JONATHAN (4º ESO)


A min gustoume, sinceramente, porque trata un caso que se dá hoxe en día moito. Moitas das relacións entre persoas son por interese. Ademais a historia está moi ben porque é bastante emocionante, así que eu anímovos a ler esta novela.

ÁLVARO (4º ESO)

CORDELÚA

AUTORA: Elia Barceló.
EDITORIAL: Rodeira

O misterio, a intriga, o romanticismo e todo o que esta novela contén, fai que cando comezas a lela xa non poidas parar; é coma se algo te enganchase a ela e ao acabala tes a sensación dunha especie de felicidade, de xeito que queres esquecerte do que liches e volvela ler outra vez. Recoméndolla a calquera persoa.
O que máis me gustou foron as escenas románticas e ás agachadas dos protagonistas de hai mil anos atrás. Tamén a valentía de Sancho e as súas loitas sempre acompañado de Cordelúa e do recordo da dama do seu corazón.
O que mais me estrañou foi, quizais, a reacción de Sancho cando coñece a súa filla.
Xa na época actual impresionáronme moito todas as casualidades que lle ocorren aos novos compañeiros de Gloria; os soños, as visións... Tamén me impresionou a identificación dos personaxes actuais cos de mil anos atrás.
TAMARA (4º ESO)

Gustoume moito Cordelúa porque o que conta é que o amor, aínda co paso de mil anos, segue pervivindo naqueles que o sentiron de verdade. Tamén que o amor pode quedar nos lugares como historias e que vive nas persoas pero tamén nas cousas que elas fan, no aire que respiraron e na memoria daqueles que o sentiron con toda a paixón do universo e que loitaron por levalo a cabo aínda que as situación non foran propicias ou houbese persoas que se opuxesen a que ese amor seguise vivo.
Resumindo, o que este libro nos quere dicir é que o amor pode con todos os atrancos que se lle poñan.
ALBA (4º ESO)

Encantoume a novela. Non me pareceu ben algunha parte porque era moi triste, pero en xeral foi moi entretida.
ARANTXA (4º ESO)

A min gustoume moitísimo. Ao principio custoume un pouco entendela pero despois xa me fun decatando de todo. Vexo moi ben que o amor estea por enriba de todo. Foi un dos libros que lin que máis me gustou.

IRENE (4º ESO)

Persoalmente a novela gustoume moito; pareceume moi interesante e moi educativa xa que aprendín moitas cousas da época medieval.
ROCÍO (4º ESO)

Encantoume. Foi o libro máis bonito que lin. Nunca un libro de lectura “obrigatoria” me gustara tanto. Foi moi entretida, o que pasa é que me intrigou o asunto da maldición, tanto na idade media como na actualidade. Ademais o final gustoume moito, foi moi romántico e gustáronme moito os personaxes.
CRISTINA (4º ESO)

Gustoume moito porque é unha novela peculiar, que relaciona o presente co pasado e tamén os diferentes temas, como o amor e o odio...
É moi entretida e fácil de ler.
ESTEFANÍA (4º ESO)

Gustoume a historia da Alta Idade Media pero a actual non porque me pareceu algo surrealista.
JONATHAN (4º ESO)

A min non me gustou moito a novela porque mesturaba moito a vida real coa vida na antigüidade e total as dúas estaban enalazadas e contábase o mesmo. O final pareceume moi intrigante e divertido.
PEDRO (4º ESO)

Pareceume unha novela intrigante debido a que cando che conta unha cousa dáche ánimo de seguir lendo xa que tes o presentimento de que algo interesante vai xurdir. O que máis me gustou foi o final, pero o resto tampouco me decepcionou.
RUBÉN (4º ESO)

Gustoume moito esta novela e pareceume moi interesante, sobre todo a partir da metade xa que tiña que seguir lendo porque me intrigaba o final.
DIEGO (4ºESO)

A min a novela gustoume moito porque hai dúas historias nunha. Ademais o que non se resolveu no pasado remátase resolvendo no presente e iso pareceume moi bonito. O que menos me gustou foi o personaxe Ludovico.
YOLANDA (4º ESO)