CORDELÚA

AUTORA: Elia Barceló.
EDITORIAL: Rodeira

O misterio, a intriga, o romanticismo e todo o que esta novela contén, fai que cando comezas a lela xa non poidas parar; é coma se algo te enganchase a ela e ao acabala tes a sensación dunha especie de felicidade, de xeito que queres esquecerte do que liches e volvela ler outra vez. Recoméndolla a calquera persoa.
O que máis me gustou foron as escenas románticas e ás agachadas dos protagonistas de hai mil anos atrás. Tamén a valentía de Sancho e as súas loitas sempre acompañado de Cordelúa e do recordo da dama do seu corazón.
O que mais me estrañou foi, quizais, a reacción de Sancho cando coñece a súa filla.
Xa na época actual impresionáronme moito todas as casualidades que lle ocorren aos novos compañeiros de Gloria; os soños, as visións... Tamén me impresionou a identificación dos personaxes actuais cos de mil anos atrás.
TAMARA (4º ESO)

Gustoume moito Cordelúa porque o que conta é que o amor, aínda co paso de mil anos, segue pervivindo naqueles que o sentiron de verdade. Tamén que o amor pode quedar nos lugares como historias e que vive nas persoas pero tamén nas cousas que elas fan, no aire que respiraron e na memoria daqueles que o sentiron con toda a paixón do universo e que loitaron por levalo a cabo aínda que as situación non foran propicias ou houbese persoas que se opuxesen a que ese amor seguise vivo.
Resumindo, o que este libro nos quere dicir é que o amor pode con todos os atrancos que se lle poñan.
ALBA (4º ESO)

Encantoume a novela. Non me pareceu ben algunha parte porque era moi triste, pero en xeral foi moi entretida.
ARANTXA (4º ESO)

A min gustoume moitísimo. Ao principio custoume un pouco entendela pero despois xa me fun decatando de todo. Vexo moi ben que o amor estea por enriba de todo. Foi un dos libros que lin que máis me gustou.

IRENE (4º ESO)

Persoalmente a novela gustoume moito; pareceume moi interesante e moi educativa xa que aprendín moitas cousas da época medieval.
ROCÍO (4º ESO)

Encantoume. Foi o libro máis bonito que lin. Nunca un libro de lectura “obrigatoria” me gustara tanto. Foi moi entretida, o que pasa é que me intrigou o asunto da maldición, tanto na idade media como na actualidade. Ademais o final gustoume moito, foi moi romántico e gustáronme moito os personaxes.
CRISTINA (4º ESO)

Gustoume moito porque é unha novela peculiar, que relaciona o presente co pasado e tamén os diferentes temas, como o amor e o odio...
É moi entretida e fácil de ler.
ESTEFANÍA (4º ESO)

Gustoume a historia da Alta Idade Media pero a actual non porque me pareceu algo surrealista.
JONATHAN (4º ESO)

A min non me gustou moito a novela porque mesturaba moito a vida real coa vida na antigüidade e total as dúas estaban enalazadas e contábase o mesmo. O final pareceume moi intrigante e divertido.
PEDRO (4º ESO)

Pareceume unha novela intrigante debido a que cando che conta unha cousa dáche ánimo de seguir lendo xa que tes o presentimento de que algo interesante vai xurdir. O que máis me gustou foi o final, pero o resto tampouco me decepcionou.
RUBÉN (4º ESO)

Gustoume moito esta novela e pareceume moi interesante, sobre todo a partir da metade xa que tiña que seguir lendo porque me intrigaba o final.
DIEGO (4ºESO)

A min a novela gustoume moito porque hai dúas historias nunha. Ademais o que non se resolveu no pasado remátase resolvendo no presente e iso pareceume moi bonito. O que menos me gustou foi o personaxe Ludovico.
YOLANDA (4º ESO)

0 comentarios: