OS PIRATAS DA ILLA ESPERANZA

AUTOR: Xosé Henrique Ribadulla Corcón.
EDITORIAL: Xerais

Este libro pareceume precioso. Fíxome atopar en min novos sentimentos e emocións. Ten algo de todo: amor, aventura, tristeza...
Gustaríame ler, se existise, A illa da Esperanza II
LAURA (2º ESO)

Este libro trata duns rapaces que viven unha serie de aventuras. Vaivos encantar. Aínda que non vos guste moito ler, lerédelo sen darvos conta. “Se ledes sempre aprenderedes”
ALEX (2º ESO)

Animádevos a ler esta novela. A min gustoume moito, Ten moita intriga, Os protagonistas viven momentos moi tristes pero aínda así gustoume moito e cada páxina que lía era máis intrigante que a anterior.
LUCÍA (2º ESO)

Este libro gustoume moito a pesar de que copia moitas cousas de A illa do tesouro de Robert Luís Stevenson.
Fala da amizade e da liberdade sobre todo. Anímovos a lelo, xa que é curto, moi doado de ler e fala de temas de actualidade como a perigosa enfermidade chamada leucemia.
ÁLVARO (2º ESO)

É un libro moi bo porque explica o valor da amizade. Ten aventuras, acción, risa, tristeza e, sobre todo, imaxinación, que é algo que nos gusta aos rapaces.
A min, sen dúbida, gustoume moito e non me pareceu difícil de ler. Animo a todos a ler o libro e entenderedes o que acabo de explicar.
SERGIO (2º ESO)

Este libro é moi bonito e entretido. Trata valores como a amizade e gustaralle sobre todo á xente que prefira os libros de aventuras.
DAVID (2º ESO)

A min o libro gustoume, pero é como unha copia de A illa do tesouro que, por certo, está moi ben. Eu animo a todos os rapaces/as a lelo.
XULIO (2º ESO)

O libro está moi ben. As aventuras dos rapaces son moi divertidas. O único que non me gustou foron os sucesos tristes da historia.
SILVIA (2º ESO)

A min este libro gustoume algo, aínda que non moito porque eu prefiro as novelas de acción e ao mesmo tempo de risa.
ALBERTO (2º ESO)

Eu penso que o libro é bonito e vese como se poden facer cousas moi fermosas pola xente que queres, pero algunhas partes eran algo tristes.
SANDRA (2º ESO)

A min gustoume moitocase todo. O que menos me gustouo foi o final.
RUBÉN (2º ESO)

Este libro gustoume moito porque o entendín perfectamente. Tiña moita intriga porque non daba parado de ler xa que quería saber o que ía suceder a continuación.
O libro é moi bonito. Animádevos a lelo. É un dos mellores libros. Ten ilustracións en cor moi bonitas e non ten moita letra.
PATRICIA (2º ESO)

Ola rapaces e rapazas:
Lede “Os piratas da illa da Esperanza”. Eatá moi ben. Non vos ides arrepentir de lelo. É unha experiencia moi bonita e parece moi real. Ao principio pensei que ía ser soso pero logo enganchoume tanto que non podía deixar de lelo. Remateino en tres días. Animádevos. Mola mogollón!
JENIFER (2º ESO)

Cando comecei este libro pensei que non me ía gustar pero na metade da historia foime gustando e ao final encantoume. Anímovos a todos e a todas a que o leades e miredes se tedes a mesma opinión ca min.
ÓSCAR (2º ESO)

Este libro gustoume porque ten aventura, misterio, romance e fai unha mestura que queda bonita.
ALDARA (2º ESO)

O libro é moi chulo porque conta a historia de rapaces que se fan inseparables grazas á cuadrilla.
IVÁN (2º ESO)

É un libro moi bonito e interesante porque ves que non podes falar mal de alguén que non coñeces.
DIANA (2º ESO)

Este libro gustoume moito aínda que non me convenceu o final. Eu animaríavos a lelo porque ten moito interese e é entretido e divertido.
TAMARA (2º ESO)

Esta novela gustoume moito porque se ve como a sociedade despreza a unha persoa e como aos rapaces non lles gusta ese desprezo. Tamén me gustou moito pola amizade dos rapaces e rapazas e polas aventuras que vivían.
Recoméndovos ler este libro porque é moi especial, sobre todo porque con el aprendes a que ler é moi divertido e a respectar aos demais.
NURIA (2º ESO)

0 comentarios: