O diario vermello de Carlota

Autora: Gemma Lienas.

Chámome Alba e son unha adolescente, seguramente como a maioría de vós. Hai cousa de dúas ou tres semanas a profesora de lingua deunos a lista de libros de lectura. Entre eles atopábase O Diario vermello de Carlota e decidín lelo canto antes, xa que oíra falar marabillas del. É un libro moi interesante e que te engancha moito na súa lectura.
Está protagonizado por adolescentes coma nós aos que lles suceden cousas como as que lle suceden a calquera persoa, sobre todo na nosa idade, referentes á sexualidade.
Estou segura de que neste libro atoparedes, como me pasou a min, resposta a unha morea de dúbidas que tedes e sobre as que non vos atrevedes a falar con ninguén. Probade a lelo, de verdade que funciona!
ALBA (3º ESO)
____________________
Esta novela gustoume moito porque aprendín moitas cousas que non sabía; ademais está ben variar o tipo de lecturas que nos manda o profesorado e esta, polo menos, é diferente porque fala de temas que nos interesan aos mozos e mozas.
Eu recoméndovos que a leades, aínda que o profesorado non vola mande ler pois aínda que parece moito libro, cando empezas non podes parar de ler porque te atrae.
Tamén me parece moi interesante porque existe "O diario vermello de Flanagan" e así podemos saber se os mozos e as mozas temos formas diferentes de ver as cousas.
VANESA (3º ESO)
____________________
Gustoume moito o libro. Recoméndoo á xente que queira saber sobre sexo e á xente que pensa que sabe, porque pode ser que non saiban; ademais a escritora non se corta ao falar e case todo é realidade.
KIKE (3º ESO)
________________________
Anímovos a toda a mocidade e maiores a que leades este libro porque é moi interesante, sobre todo porque nos pode axudar a pensar mellor as cousas antes de facelas; tomar as medidas de precaución necesarias e asesorarnos un pouco para saber como hai que actuar en cada caso. Dende logo que vos vai gustar moito.
TANIA (3º ESO)

Esta novela gustoume moito porque trata un tema sobre o que podemos aprender algo, por exemplo a usar o preservativo. O texto é moi educativo para a xente da nosa idade e vexo ben que se poñan libros destes temas para ler nunha avaliación.

SERGIO (3º ESO)

Gustoume porque fala dun tema que é do meu interese. Pareceume interesante o feito de debater na clase de cousas así. Aprendín algunhas palabras novas relacionadas co sexo. Chamoume moito a atención que funcionase a relación dos protagonistas tal e como se coñeceron.

FRAN (3º ESO)

Este libro gustoume moito porque me pareceu moi interesante e moi didáctico xa que explica cousas do noso interese. Pareceume moi interesante no que se basea a novela, ou sexa, a maneira como se lle ocorre aos protagonistas escribir un diario de sexualidade xusto nun caderno de cor vermella. A maneira de coñecerse os protagonistas gustoume menos.

Eu aprendín con este libro que non se poden deixar cabos soltos. Hai que cortar unha relación antes de iniciar outra. Chamoume a atención a maneira que ten a protagonista de expresar os seus sentimentos cara ao noivo holandés.

Eu só engado que este libro debería ter sido escrito con palabras máis fáciles de entender porque hai partes que custa entendelas.

ANA (3º ESO)

A min este libro gustoume aínda que houbo anacos que me aburriron moito. Pareceume interesante a parte dos métodos anticonceptivos e na que explica como evitar enfermidades.

JOSÉ RAMÓN (3º ESO)

Gustoume moito porque é moi realista. Pareceume moi interesante a decisión que tivo que tomar Carlota. Parecéronme menos interesantes as regras de ouro da sexualidade que súa tía lle enviaba por correo electrónico.

Estou de acordo coa autora e aprendín bastantes cousas.

ANDREA (3º ESO)

Gustoume moito porque aprendín cousas novas e a valorar máis as mulleres. Tamén aprendín partes do seu corpo e como se senten. E que non hai maneiras de ligar, nin de facer o amor nin outras cousas, senón que hai que establecelas entre os dous.

MIGUEL (3ºESO)

Gustoume moito porque é de contido sexual. O que máis me gustou foi cando Carlota estivo con Koert na fin de semana en Barcelona. O que menos me gustou foi cando escribía no diario.

Estou de acordo coa autora e aprendín moito con este libro; agora xa sei reaccionar.

MARCOS (3º ESO)

Gustoume porque fala dun tema que aos adolescentes nos interesa e tamén porque co libro aprendín todo sobre as relacións sexuais. Tamén aprendín como o día de mañá non ter un fillo sen intención de telo. E tamén non coller enfermidades que poden causar a morte ao longo do tempo como a SIDA.

ÁLVARO (3º ESO)

Gustoume porque me pareceu moi interesante o que se dicía e os amores e desamores que viviron os personaxes.

Tamén me pareceu interesante o tema dos anticonceptivos. Aprendín que hai moitos anticonceptivos e que algúns teñen efectos secundarios e que te poden axudar a non quedar embarazada.

ANDREA (3º ESO)

Gustoume moito porque aprendín moitas cousas sobre o sexo e sobre outros temas. Encantoume como a autora se expresou en todo momento. Creo que é un dos poucos libros para rapaces da miña idade que che fale de sexo, violencia, riscos e enfermidades.

Gustoume moitísimo!!!

ALBA (3º ESO)

Gustoume moito. Todo me pareceu interesante.

IVÁN P. (3º ESO)

Gustoume e axudoume a aprender que ás mulleres lles gustan moito as caricias e os bicos, e que debemos excitarnos bastante para facelo máis comodamente.

KIKE (3º ESO)

O Armiño dorme

Esta é unha novela diferente. Volve moiotos anos atrás cara os tempos lonxanos do século XVI pero conectando, dalgunha maneira, con problemas que hoxe, por moito que nos pese, seguen de actualidade.
Reúne varias temáticas, como as diferenzas de clases sociais, os conflictos na familia, as diferenzas de pensamento... e unha bonita historia de amor.
Pero o que máis chama a atención é o comportamento da protagonista, que pasa de non ter nada na vida, a telo todo. O seu paso por eses estremos fai que vexa as cousas cunha perspectiva difernte á dos demais.
Eu anímovos a ler a novela, porque penso que á parte de ser un libro estupendo para o lecer, del podes aprender valores realmente importantes da vida.
Comentario de Inés (4º ESO)