OLLOS DE AUGA

AUTOR: Dominigo Villar
EDITORIAL: Xerais

Esta novela gustoume moito. O autor desenvolve moi ben a trama conseguindo facela moi intrigante: O final é inesperado, insólito e moi divertido.

XAN (4º ESO)


A min tamén me gustou moito esta novela. É moi divertida porque ten moitas incógnitas, moitos sucesos continuos. Ademais a min encántanme as novelas policíacas, de asasinatos, con moitas preguntas sen resolver e nas que pouco a pouco se vai descubrindo todo e aclarándose aspectos da vida dos personaxes principais.

ARANCHA (4º ESO)


A min gustoume moito o libro. Paréceme moi entretido pois cando levas un anaquiño lendo engancha e xa queres saber o que pasa nas páxinas seguintes. Eu animaríavos a lelo porque, á parte de estar moi ben, é fácil de ler.

SARA (4º ESO)


É unha novela policial moi intrigante, das que a min me gustan, aínda que esta se estende moito. Penso que podía ser máis curta. A pesar de todo paréceme unha novela recomendable que atrae e engancha.

JOHNATAN C. (4º ESO)


Gustoume moito por como está contada e por como se desenvolveron os feitos. Pareceume moi interesante como se argallou toda a trama para inculpar a un dos personaxes e tamén me pareceu moi valente o inspector protagonista por non renderse nunca.

IRENE (4º ESO)


Esta novela gustoume agás o final porque non se aclara moi ben todo o que aconteceu.

ALFONSO (4º ESO)


Esta novela gustoume bastante. É fácil de ler e ten moita intriga e iso axuda a seguir lendo para descubrir o final. É un libro bastante diferente aos demais que lin porque a maioría non teñen tantos asasinatos nin tanta intriga. Tamén me gustou porque me rin moito con un dos personaxes (Estevez).

RAQUEL (4º ESO)


A novela gustoume porque é intrigante e divertida; aparecen moitos personaxes e con diferentes historias cada un que fan que non imaxines como vai acabar.

ESTEFANÍA (4º ESO)


A min este libro gustoume moito porque, ademais de que me gustan as novelas policiais, desde que empezas a lelo a intriga fai que queiras saber o final. Tamén me parecer divertido, polas ocorrencias do personaxe Estévez e porque é moi bruto.

MARTÍN (4º ESO)


Animo á xente a que lea este libro porque está moi ben. É moi intrigante. Estás desexando ter un momento libre para ler un cachiño máis.

Annímate, le Ollos de auga, gozarás!

EVA (4º ESO)

0 comentarios: