O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

AUTOR: Agustín Fernández Paz

EDITORIAL:Xerais


Este libro encantoume porque se fai moi entretido e porque aínda que son relatos diferentes teñen en común que todos os amores foron imposibles.

MARICRUZ (4º ESO)


A min gustoume moito porque son historias de amor cun final triste pero á vez bonitas polas relacións dos protagonistas.

MARTA (4º ESO)


O libro non está mal pero son moitos relatos e confundes un pouco as historias. Os contos, algún especialmente, están moi ben e son moi interesantes porque o que predomina entre todo é que o amor fai calquera cousa.

XAN (4º ESO)


En xeral gustoume bastante aínda que hai historias que non me gustaron como Loanza da filatelia ou Ríos de memoria. Todos os relatos acaban falando de historias de amor ou de alguén que morre e o único que queda é o amor.

YOLANDA (4º ESO)


A verdade é que a min non me gustou moito porque ao haber tantos contos cando rematas non te acordas moi ben de que vai. Ademais algúns contos non me gustaron moito porque parece que quedan incompletos.

MARTÍN (4º ESO)


A min gustoume este libro aínda que opino que algúns relatos se podín estender un pouco máis.

ALFONSO (4º ESO)


Aínda que este libro me pareceu algo lioso porque me perdía un pouco entre historia e historia, as historias de amor que contén son realmente fermosas.

PEDRO (4º ESO)


É un libro moi variado. Ten relatos que me gustaron moito e outros non me gustaron nada. De todos xeitos eu recomendo lelo porque algún vaivos gustar e merece a pena.

JONI (4º ESO)


Este libro en xeral gústame pero penso que o autor se entretén moito en detalles menores.

ROCÍO (4º ESO)


Foi un libro moi variado e interesante. A min impresionáronme as historias como Despois de tantos anos ou Amor de agosto. Tamén me impresionou como pervive o amor aínda co paso do tempo e de que cada quen ten a súa vida feita. Só dúas historias non me gustaron: Loanza da filatelia e Ríos de memoria.

ARANTXA (4º ESO)


Estes relatos parecéronme entretidos e de doada lectura pero penso que deberían ter un final menos triste.

INÉS (4º ESO)


En xeral gustoume pola maneira de expresarse e polo contido dos relatos. Algunha historia pareceume que estaba demasiado liada, que daba moitas voltas para desenvolver o nó do relato.

IRENE (4º ESO)

O diario vermello de Flanagan

AUTORES: Andreu Martín /Jaume Ribera

EDITORIAL: Galaxia


Sinceramente foi o libro que máis me gustou porque se achega moito á vida real e é apropiado para a nosa idade porque é cando aparecen as dúbidas, os medos...

Saquei de proveito moita información sobre varios aspectos relacionados coa sexualidade.

Pareceume interesante cando os protagonistas tiveron as relacións sexuais e chamoume a atención o comportamento do personaxe Guillermo Mira (o Mirage).

FABIÁN (3º ESO)


Este libro, igual que o de Carlota, gustoume moito, porque se dan situacións que podemos vivir na nosa vida cotiá. Axudoume a entender moitas cousas sobre a nosa vida sexual que antes non comprendía. O que máis me gustou destes libros foi que falan moi abertamente do tema da sexualidade. Chamáronne a atención as cifras de embarazos non desexados e abortos que hai nun ano en España. Creo que se máis xente lese este tipo de novelas repararía máis nas cousas antes de cometer un acto equivocado.

Tamén me pareceu moi ben que falasen das violacións, porque é un tema que, por desgraza actualmente se dá con moita frecuencia, e que ás veces non sabemos reaccionar fronte a estas situacións. Tamén opino que as autoridades deben de falar máis sobre estes temas e poñerlles remedio, tanto ás violacións como á pederastia, etc..

ALBA FA. (3º ESO)


Este libro gustoume moitísimo. É moi interesante. Unha vez que o empezas a ler non te dás desenganchado. Grazas a el aprendín moitas cousas sobre o sexo que non sabía.

A verdade é que todos os aspectos do libro me pareceron interesantes. Coincido totalmente cos autores e creo que todos os rapaces e rapazas da miña idade deberían ter un “diario vermello”.

O que máis me chamou a atención foi a clareza coa que se dicían as cousas.

ALBA FR. (3º ESO)


Gustoume moito a historia e saquei de proveito deste libro cousas sobre o sexo que non sabía.

ALBERTO . (3º ESO)


Gustoume moito porque é unha historia moi bonita e ademais aprendes moitas cousas.

MIGUEL (3º ESO)


Esta novela foi moi entretida e si que me gustou. Aprendín bastantes cousas que non sabía e paréceme un libro moi interesante sobre todo a parte que fala dos métodos anticonceptivos e das enfermidades de transmisión sexual.

J. RAMÓN (3º ESO)


Pareceume interesante desde o principio ata o final e gustoume un pouco máis que o Diario de Carlota porque é máis entretido. Aprendín que hai moitos anticonceptivos e a que anos se poden usar e como.

ANDREA A. (3º ESO)


Gustoume porque sobre todo pasa por cousas que algúns de nós estamos ou estaremos pasando. Aprendín que o sexo non é nada máis facer o amor senón saber todo sobre o sexo, como pensa a túa moza ou cousas así. Chamoume a atención cando Flanagan apoia ao “Mirage”.

BREYDY (3º ESO)


Gustoume moito porque Flanagan di o que pensa. Interesoume moito a súa relación con Carlota pero non me interesou a súa relación con Nines. Estou de acordo cos autores en todo. O que máis me chamou a atención foi saber que o “Mirage” era homosexual.

ANDREA T. (3º ESO)


O libro gustoume porque axuda para despois non ter problemas. Aprendín que pase o que pase hai que seguir adiante. Pareceume interesante porque hai moitas cousas que non sabía.

MARCOS (3º ESO)


Gustoume moito en xeral e tamén polas investigacións que fai Flanagan e porque fan moitos debates na clase.

ARANCHA (3º ESO)


Gustoume porque é unha novela moi divertida. Saquei de proveito que o sexo non é un xogo. Pareceume moi interesante o libro porque fala de sexo con moita naturalidade e creo que nos deberían mandar ler máis libros destas cousas.

SERGIO (3º ESO)


É unha novela moi entretida. Fala de sexo e de cousas que lle pasan ao protagonista cos seus amigos e amigas e de como se axudan uns aos outros.

É un libro moi bo xa que con el pódense aclarar moitas dúbidas que á veces se presentan.

A min gustaríame que o protagonista non fose tan lanzado e que non falase con tantos “tacos”. Tamén preferiría un final diferente. No final non coincido cos autores.

Gustaríame que moitos mozos e mozas se animasen a ler esta novela porque é moi interesante e pódenos axudar moito pois fala de cousas que nos suceden moitas veces.

TANIA (3º ESO)

TODO O VERÁN POR DIANTE


AUTOR: Joaquim Gonzalez i Caturla

EDITORIAL: Galaxia


Ola compañeiros/as!

Hoxe quérovos falar dun libro titulado Todo o verán por diante. Está xenial. Vai de dúas persoas que se queren, as súas familias son moi diferentes e cando van ao instituto teñen moitos amigos e algúns inimigos. Fala da adolescencia, de como somos, das discos, dos pubs, etc.

Se te pos a ler esta novela engánchate desde o principio, non poderás deixar de lela. E se te pos a lela de noite e tes moito sono acabarás durmindo co cansancio, non coa novela. Repito que está xenial e gustaríame que a lésedes. Animádevos. Vai de rapaces e rapazas coma nós.

JENNIFER (2º ESO)

Este libro é moi entretido e bonito. É moi adecuado para os adolescentes porque nos podemos identificar con algún personaxe e nárranse sucesos que poden traer varias consecuencias graves e así fainos entender que con pelexas e insultos non se solucionan as cousas.

Animádevos a ler esta marabillosa novela!

ALICIA (2º ESO)

Esta novela é moi interesante porque trata temas reais que nos afectan á nosa idade. Recoméndoa, ademais, porque é moi entretida.

NURIA (2º ESO)

É un libro moi interesante e moi divertido. Se o empezas a ler es incapaz de parar.

DIANA (2º ESO)

Este libro gustoume moito e é moi divertido porque os protagonistas son rapaces da nosa idade.

TAMARA (2º ESO)

A novela é un pouco de amor e bastante entretida. Destacaría o amor que se sente ás veces sen que te deas conta e animaría a que a lesen os rapaces aos que lles pasa algo parecido.

Este libro é interesante porque pasan cousas que poden suceder na vida real e engancha. Trata sobre uns rapaces que van á escola e namóranse. E se queres saber máis anímate e leo.

ÓSCAR (2º ESO)

Este libro pareceume moi bonito, romántico e divertido. Eu animaría a outros rapaces e rapazas a lelo porque ademais relata asuntos da realidade e do que pasa na adolescencia.

LAURA (2º ESO)

A min gustoume este libro porque conta o que lle pasa a dous namorados e convido a quen queira a lelo porque está moi ben.

RUBÉN (2º ESO)

Este libro gustoume e pareceume moi interesante porque toca temas moi da nosa idade e conta o que lle pasa a un chapón dunha clase de 1º de bacharelato que é moi afortunado.

DAVID (2º ESO)

Todo o verán por diante gustoume moito porque conta o que lle pasa a dous adolescentes na súa relación e tamén como son as relacións dos seus mellores amigos.

SILVIA (2º ESO)

Este libro é bastante bonito porque conta unha historia entretida, que engancha e divírteste moito co que lles pasa aos protagonistas. Eu recoméndoo porque te enganchas, riste e non te aburres.

SANDRA (2º ESO)

Gustoume moito. Do que mai fala é do amor que senten os protagonistas; un amor ás veces complicado pero cun remate...

Eu anímovos a lelo. Vaivos gustar moito e, se cadra, tamén vos namorades.

LUCÍA (2º ESO)

A min a novela pareceume divertida e impresionoume a relación entre os protagonistas. Eu diríavos a todos que a lesedes porque é divertida.

XULIO (2º ESO)

A min este libro gustoume moito porque cando estás lendo non queres parar, queres saber o que ocorrerá. Ademais é divertido e pasan cousas moi reais. Houbo detalles que me gustaron moito.

PATRICIA (2º ESO)

A min esta novela gustoume porque é como se fose real, ademais ten un final feliz. Creo que é un dos libros máis bonitos que lin.

FRAN (2º ESO)

OS PIRATAS DA ILLA ESPERANZA

AUTOR: Xosé Henrique Ribadulla Corcón.
EDITORIAL: Xerais

Este libro pareceume precioso. Fíxome atopar en min novos sentimentos e emocións. Ten algo de todo: amor, aventura, tristeza...
Gustaríame ler, se existise, A illa da Esperanza II
LAURA (2º ESO)

Este libro trata duns rapaces que viven unha serie de aventuras. Vaivos encantar. Aínda que non vos guste moito ler, lerédelo sen darvos conta. “Se ledes sempre aprenderedes”
ALEX (2º ESO)

Animádevos a ler esta novela. A min gustoume moito, Ten moita intriga, Os protagonistas viven momentos moi tristes pero aínda así gustoume moito e cada páxina que lía era máis intrigante que a anterior.
LUCÍA (2º ESO)

Este libro gustoume moito a pesar de que copia moitas cousas de A illa do tesouro de Robert Luís Stevenson.
Fala da amizade e da liberdade sobre todo. Anímovos a lelo, xa que é curto, moi doado de ler e fala de temas de actualidade como a perigosa enfermidade chamada leucemia.
ÁLVARO (2º ESO)

É un libro moi bo porque explica o valor da amizade. Ten aventuras, acción, risa, tristeza e, sobre todo, imaxinación, que é algo que nos gusta aos rapaces.
A min, sen dúbida, gustoume moito e non me pareceu difícil de ler. Animo a todos a ler o libro e entenderedes o que acabo de explicar.
SERGIO (2º ESO)

Este libro é moi bonito e entretido. Trata valores como a amizade e gustaralle sobre todo á xente que prefira os libros de aventuras.
DAVID (2º ESO)

A min o libro gustoume, pero é como unha copia de A illa do tesouro que, por certo, está moi ben. Eu animo a todos os rapaces/as a lelo.
XULIO (2º ESO)

O libro está moi ben. As aventuras dos rapaces son moi divertidas. O único que non me gustou foron os sucesos tristes da historia.
SILVIA (2º ESO)

A min este libro gustoume algo, aínda que non moito porque eu prefiro as novelas de acción e ao mesmo tempo de risa.
ALBERTO (2º ESO)

Eu penso que o libro é bonito e vese como se poden facer cousas moi fermosas pola xente que queres, pero algunhas partes eran algo tristes.
SANDRA (2º ESO)

A min gustoume moitocase todo. O que menos me gustouo foi o final.
RUBÉN (2º ESO)

Este libro gustoume moito porque o entendín perfectamente. Tiña moita intriga porque non daba parado de ler xa que quería saber o que ía suceder a continuación.
O libro é moi bonito. Animádevos a lelo. É un dos mellores libros. Ten ilustracións en cor moi bonitas e non ten moita letra.
PATRICIA (2º ESO)

Ola rapaces e rapazas:
Lede “Os piratas da illa da Esperanza”. Eatá moi ben. Non vos ides arrepentir de lelo. É unha experiencia moi bonita e parece moi real. Ao principio pensei que ía ser soso pero logo enganchoume tanto que non podía deixar de lelo. Remateino en tres días. Animádevos. Mola mogollón!
JENIFER (2º ESO)

Cando comecei este libro pensei que non me ía gustar pero na metade da historia foime gustando e ao final encantoume. Anímovos a todos e a todas a que o leades e miredes se tedes a mesma opinión ca min.
ÓSCAR (2º ESO)

Este libro gustoume porque ten aventura, misterio, romance e fai unha mestura que queda bonita.
ALDARA (2º ESO)

O libro é moi chulo porque conta a historia de rapaces que se fan inseparables grazas á cuadrilla.
IVÁN (2º ESO)

É un libro moi bonito e interesante porque ves que non podes falar mal de alguén que non coñeces.
DIANA (2º ESO)

Este libro gustoume moito aínda que non me convenceu o final. Eu animaríavos a lelo porque ten moito interese e é entretido e divertido.
TAMARA (2º ESO)

Esta novela gustoume moito porque se ve como a sociedade despreza a unha persoa e como aos rapaces non lles gusta ese desprezo. Tamén me gustou moito pola amizade dos rapaces e rapazas e polas aventuras que vivían.
Recoméndovos ler este libro porque é moi especial, sobre todo porque con el aprendes a que ler é moi divertido e a respectar aos demais.
NURIA (2º ESO)

AUTORA: Christine Nöstlinger.
EDITORIAL: Planeta&Oxford

Eu creo que todos os rapaces e rapazas deberiades ler este libro, non só porque sexa interesante, senón porque che ensina que ás veces pensas que coñeces a xente e non é así, coma no caso que se conta nesta historia. Tamén che ensina que non sempre aparentas o que es como ocorre co protagonista.

Eu anímovos a lelo porque aprenderedes que non é bo xulgar a xente sen a coñecer ben. Animádevos e xa veredes que é un moi bo libro.

LUCÍA (2º ESO)


Esta novela foi unha das máis interesantes que lin. É moi realista e nela trátanse temas tan importantes como a familia o amor e a paternidade. A parte que máis me gustou foi cando Jasper comezou a comportarse ben e a que menos foi cando a familia foi a Roma e Mary dixo que non debía ver a Jasper.

Non o dubides, anímate, este libro hache gustar!

CARLOS (2º ESO)


É unha novela moi boa, aínda que é algo liosa, pero entretén e iso é o bo para a lectura.

Eu metería na novela máis aventuras e faríaa máis graciosa porque hai algúns anacos moi aburridos pero en xeral está moi ben.

ALICIA (2º ESO)


Gustoume moito a novela aínda que o narrador saltaba moitos días, noutros enrollábase moito e parecía que algúns días quedaban incompletos, pero polo demais ben.

ALDARA ( 2º ESO)


A min gustoume porque nunha familia con tantas normas entra un mozo que non obedece ningunha e iso fai que a historia sexa divertida. Eu recomendo lelo tamén porque é un libro que te engancha e ata que o terminas non paras de ler.

FRANCISCO (2º ESO)


Este libro é moi bonito porque ves vomo varias persoas van cambiando coa axuda doutras. Ademais é moi entretido, porque sempre lles ocorren cousas interesantes e déixante coa intriga, que iso é o importante dun bo libro, para que teñas a tentación de seguilo lendo con entusiasmo.

LAURA (2º ESO)


É un libro bastante entretido e curioso porque trata de dous rapaces moi diferentes que pouco a pouco se van facendo amigos e aprenden a falar outros idiomas. Animádevos, é un libro estupendo! Recoméndoo.

SANDRA (2º ESO)


Está moi ben e ten unha trama das que empezas a ler e engánchaste e ata que o les todo non estás a gusto. Así que o recomendo a todos os rapaces e rapazas da miña idade porque seguramente que vos vai gustar.

DAVID (2º ESO)


Eu, como lector deste libro, propóñovos que o leades; é moi divertido e interesante. Anímate! Leo ti tamén!

NURIA (2º ESO)

XOGO SUCIO

AUTOR: Manuel de Pedrolo

EDITORIAL: Galaxia


Pareceume unha novela interesantísima porque cando comecei a lela non podía imaxinar como se desenvolvería nin como remataría. Tamén me gustou porque cada páxina tiña a súa parte sorprendente, en cada momento pasaban cousas que non imaxinaba que pasarían.

Eu invítovos a ler esta novela porque engancha moito, xa que sempre tes gana de saber o que pasará...!

Esta novela gustoume moito. Eu aconséllovos que a leades porque é moi intrigante e ata o final non sabes que vai pasar.

ESTEFANÍA (4º ESO)


Paréceme unha obra moi entretida, intrigante e interesante porque nunca esperas o que vai pasar e iso engancha á xente a seguir léndoa.

PEDRO (4º ESO)


Eu tamén recomendo ler esta novela porque é moi entretida e moi intrigante.

EVA (4º ESO )


A novela está ben. Gustoume debido a que ten intriga e anima a seguir lendo porque cando sabes unha parte queres saber o que pasa un pouco máis adiante e iso é o bo que pode ter un libro. Tamén me gustou porque se entende ben e non é moi longa.

RUBÉN (4º ESO )


Eu animo á xente a que lea este libro xa que é bastante fácil e non é moi longo. A min encantoume pero o final non demasiado, xa que a historia de amor era moi boa pero.... Aínda así anímovos a lelo xa que vos pode aportar moitas cousas; eu aprendín bastantes cousas.

DIEGO (4º ESO)


Esta novela é moi bonita e está moi ben. O argumento está moi ben pensado. O final é inesperado e bo. Penso que é unha boa lectura.

XAN (4º ESO )


Esta novela gustoume porque ten moita intriga e obrígate a lela porque queres saber o que vai pasar despois; ademais mestura o amor co odio en pouco tempo e , o mellor de todo é que é fácil de ler e tamén e curta.

MARTÍN (4º ESO)


Esta novela gustoume pero decepcionoume un pouco que podes anticipar bastante pronto parte do final. Penso que o autor debería esperar máis para que non se cortase a intriga. Con todo o final estivo ben e aínda se gardan sorpresas para que a novela acabe dun xeito inesperado.

SARA (4º ESO)


A min a novela gustoume aínda que non me gustou o final. Eu remataríaa de xeito diferente. Penso que a deberiades ler todos os rapaces e rapazas xa que situacións como a que aparece na novela tamén pasan na vida real.

JONATHAN (4º ESO)


A min gustoume, sinceramente, porque trata un caso que se dá hoxe en día moito. Moitas das relacións entre persoas son por interese. Ademais a historia está moi ben porque é bastante emocionante, así que eu anímovos a ler esta novela.

ÁLVARO (4º ESO)

CORDELÚA

AUTORA: Elia Barceló.
EDITORIAL: Rodeira

O misterio, a intriga, o romanticismo e todo o que esta novela contén, fai que cando comezas a lela xa non poidas parar; é coma se algo te enganchase a ela e ao acabala tes a sensación dunha especie de felicidade, de xeito que queres esquecerte do que liches e volvela ler outra vez. Recoméndolla a calquera persoa.
O que máis me gustou foron as escenas románticas e ás agachadas dos protagonistas de hai mil anos atrás. Tamén a valentía de Sancho e as súas loitas sempre acompañado de Cordelúa e do recordo da dama do seu corazón.
O que mais me estrañou foi, quizais, a reacción de Sancho cando coñece a súa filla.
Xa na época actual impresionáronme moito todas as casualidades que lle ocorren aos novos compañeiros de Gloria; os soños, as visións... Tamén me impresionou a identificación dos personaxes actuais cos de mil anos atrás.
TAMARA (4º ESO)

Gustoume moito Cordelúa porque o que conta é que o amor, aínda co paso de mil anos, segue pervivindo naqueles que o sentiron de verdade. Tamén que o amor pode quedar nos lugares como historias e que vive nas persoas pero tamén nas cousas que elas fan, no aire que respiraron e na memoria daqueles que o sentiron con toda a paixón do universo e que loitaron por levalo a cabo aínda que as situación non foran propicias ou houbese persoas que se opuxesen a que ese amor seguise vivo.
Resumindo, o que este libro nos quere dicir é que o amor pode con todos os atrancos que se lle poñan.
ALBA (4º ESO)

Encantoume a novela. Non me pareceu ben algunha parte porque era moi triste, pero en xeral foi moi entretida.
ARANTXA (4º ESO)

A min gustoume moitísimo. Ao principio custoume un pouco entendela pero despois xa me fun decatando de todo. Vexo moi ben que o amor estea por enriba de todo. Foi un dos libros que lin que máis me gustou.

IRENE (4º ESO)

Persoalmente a novela gustoume moito; pareceume moi interesante e moi educativa xa que aprendín moitas cousas da época medieval.
ROCÍO (4º ESO)

Encantoume. Foi o libro máis bonito que lin. Nunca un libro de lectura “obrigatoria” me gustara tanto. Foi moi entretida, o que pasa é que me intrigou o asunto da maldición, tanto na idade media como na actualidade. Ademais o final gustoume moito, foi moi romántico e gustáronme moito os personaxes.
CRISTINA (4º ESO)

Gustoume moito porque é unha novela peculiar, que relaciona o presente co pasado e tamén os diferentes temas, como o amor e o odio...
É moi entretida e fácil de ler.
ESTEFANÍA (4º ESO)

Gustoume a historia da Alta Idade Media pero a actual non porque me pareceu algo surrealista.
JONATHAN (4º ESO)

A min non me gustou moito a novela porque mesturaba moito a vida real coa vida na antigüidade e total as dúas estaban enalazadas e contábase o mesmo. O final pareceume moi intrigante e divertido.
PEDRO (4º ESO)

Pareceume unha novela intrigante debido a que cando che conta unha cousa dáche ánimo de seguir lendo xa que tes o presentimento de que algo interesante vai xurdir. O que máis me gustou foi o final, pero o resto tampouco me decepcionou.
RUBÉN (4º ESO)

Gustoume moito esta novela e pareceume moi interesante, sobre todo a partir da metade xa que tiña que seguir lendo porque me intrigaba o final.
DIEGO (4ºESO)

A min a novela gustoume moito porque hai dúas historias nunha. Ademais o que non se resolveu no pasado remátase resolvendo no presente e iso pareceume moi bonito. O que menos me gustou foi o personaxe Ludovico.
YOLANDA (4º ESO)

OLLOS DE AUGA

AUTOR: Dominigo Villar
EDITORIAL: Xerais

Esta novela gustoume moito. O autor desenvolve moi ben a trama conseguindo facela moi intrigante: O final é inesperado, insólito e moi divertido.

XAN (4º ESO)


A min tamén me gustou moito esta novela. É moi divertida porque ten moitas incógnitas, moitos sucesos continuos. Ademais a min encántanme as novelas policíacas, de asasinatos, con moitas preguntas sen resolver e nas que pouco a pouco se vai descubrindo todo e aclarándose aspectos da vida dos personaxes principais.

ARANCHA (4º ESO)


A min gustoume moito o libro. Paréceme moi entretido pois cando levas un anaquiño lendo engancha e xa queres saber o que pasa nas páxinas seguintes. Eu animaríavos a lelo porque, á parte de estar moi ben, é fácil de ler.

SARA (4º ESO)


É unha novela policial moi intrigante, das que a min me gustan, aínda que esta se estende moito. Penso que podía ser máis curta. A pesar de todo paréceme unha novela recomendable que atrae e engancha.

JOHNATAN C. (4º ESO)


Gustoume moito por como está contada e por como se desenvolveron os feitos. Pareceume moi interesante como se argallou toda a trama para inculpar a un dos personaxes e tamén me pareceu moi valente o inspector protagonista por non renderse nunca.

IRENE (4º ESO)


Esta novela gustoume agás o final porque non se aclara moi ben todo o que aconteceu.

ALFONSO (4º ESO)


Esta novela gustoume bastante. É fácil de ler e ten moita intriga e iso axuda a seguir lendo para descubrir o final. É un libro bastante diferente aos demais que lin porque a maioría non teñen tantos asasinatos nin tanta intriga. Tamén me gustou porque me rin moito con un dos personaxes (Estevez).

RAQUEL (4º ESO)


A novela gustoume porque é intrigante e divertida; aparecen moitos personaxes e con diferentes historias cada un que fan que non imaxines como vai acabar.

ESTEFANÍA (4º ESO)


A min este libro gustoume moito porque, ademais de que me gustan as novelas policiais, desde que empezas a lelo a intriga fai que queiras saber o final. Tamén me parecer divertido, polas ocorrencias do personaxe Estévez e porque é moi bruto.

MARTÍN (4º ESO)


Animo á xente a que lea este libro porque está moi ben. É moi intrigante. Estás desexando ter un momento libre para ler un cachiño máis.

Annímate, le Ollos de auga, gozarás!

EVA (4º ESO)

O diario vermello de Carlota

Autora: Gemma Lienas.

Chámome Alba e son unha adolescente, seguramente como a maioría de vós. Hai cousa de dúas ou tres semanas a profesora de lingua deunos a lista de libros de lectura. Entre eles atopábase O Diario vermello de Carlota e decidín lelo canto antes, xa que oíra falar marabillas del. É un libro moi interesante e que te engancha moito na súa lectura.
Está protagonizado por adolescentes coma nós aos que lles suceden cousas como as que lle suceden a calquera persoa, sobre todo na nosa idade, referentes á sexualidade.
Estou segura de que neste libro atoparedes, como me pasou a min, resposta a unha morea de dúbidas que tedes e sobre as que non vos atrevedes a falar con ninguén. Probade a lelo, de verdade que funciona!
ALBA (3º ESO)
____________________
Esta novela gustoume moito porque aprendín moitas cousas que non sabía; ademais está ben variar o tipo de lecturas que nos manda o profesorado e esta, polo menos, é diferente porque fala de temas que nos interesan aos mozos e mozas.
Eu recoméndovos que a leades, aínda que o profesorado non vola mande ler pois aínda que parece moito libro, cando empezas non podes parar de ler porque te atrae.
Tamén me parece moi interesante porque existe "O diario vermello de Flanagan" e así podemos saber se os mozos e as mozas temos formas diferentes de ver as cousas.
VANESA (3º ESO)
____________________
Gustoume moito o libro. Recoméndoo á xente que queira saber sobre sexo e á xente que pensa que sabe, porque pode ser que non saiban; ademais a escritora non se corta ao falar e case todo é realidade.
KIKE (3º ESO)
________________________
Anímovos a toda a mocidade e maiores a que leades este libro porque é moi interesante, sobre todo porque nos pode axudar a pensar mellor as cousas antes de facelas; tomar as medidas de precaución necesarias e asesorarnos un pouco para saber como hai que actuar en cada caso. Dende logo que vos vai gustar moito.
TANIA (3º ESO)

Esta novela gustoume moito porque trata un tema sobre o que podemos aprender algo, por exemplo a usar o preservativo. O texto é moi educativo para a xente da nosa idade e vexo ben que se poñan libros destes temas para ler nunha avaliación.

SERGIO (3º ESO)

Gustoume porque fala dun tema que é do meu interese. Pareceume interesante o feito de debater na clase de cousas así. Aprendín algunhas palabras novas relacionadas co sexo. Chamoume moito a atención que funcionase a relación dos protagonistas tal e como se coñeceron.

FRAN (3º ESO)

Este libro gustoume moito porque me pareceu moi interesante e moi didáctico xa que explica cousas do noso interese. Pareceume moi interesante no que se basea a novela, ou sexa, a maneira como se lle ocorre aos protagonistas escribir un diario de sexualidade xusto nun caderno de cor vermella. A maneira de coñecerse os protagonistas gustoume menos.

Eu aprendín con este libro que non se poden deixar cabos soltos. Hai que cortar unha relación antes de iniciar outra. Chamoume a atención a maneira que ten a protagonista de expresar os seus sentimentos cara ao noivo holandés.

Eu só engado que este libro debería ter sido escrito con palabras máis fáciles de entender porque hai partes que custa entendelas.

ANA (3º ESO)

A min este libro gustoume aínda que houbo anacos que me aburriron moito. Pareceume interesante a parte dos métodos anticonceptivos e na que explica como evitar enfermidades.

JOSÉ RAMÓN (3º ESO)

Gustoume moito porque é moi realista. Pareceume moi interesante a decisión que tivo que tomar Carlota. Parecéronme menos interesantes as regras de ouro da sexualidade que súa tía lle enviaba por correo electrónico.

Estou de acordo coa autora e aprendín bastantes cousas.

ANDREA (3º ESO)

Gustoume moito porque aprendín cousas novas e a valorar máis as mulleres. Tamén aprendín partes do seu corpo e como se senten. E que non hai maneiras de ligar, nin de facer o amor nin outras cousas, senón que hai que establecelas entre os dous.

MIGUEL (3ºESO)

Gustoume moito porque é de contido sexual. O que máis me gustou foi cando Carlota estivo con Koert na fin de semana en Barcelona. O que menos me gustou foi cando escribía no diario.

Estou de acordo coa autora e aprendín moito con este libro; agora xa sei reaccionar.

MARCOS (3º ESO)

Gustoume porque fala dun tema que aos adolescentes nos interesa e tamén porque co libro aprendín todo sobre as relacións sexuais. Tamén aprendín como o día de mañá non ter un fillo sen intención de telo. E tamén non coller enfermidades que poden causar a morte ao longo do tempo como a SIDA.

ÁLVARO (3º ESO)

Gustoume porque me pareceu moi interesante o que se dicía e os amores e desamores que viviron os personaxes.

Tamén me pareceu interesante o tema dos anticonceptivos. Aprendín que hai moitos anticonceptivos e que algúns teñen efectos secundarios e que te poden axudar a non quedar embarazada.

ANDREA (3º ESO)

Gustoume moito porque aprendín moitas cousas sobre o sexo e sobre outros temas. Encantoume como a autora se expresou en todo momento. Creo que é un dos poucos libros para rapaces da miña idade que che fale de sexo, violencia, riscos e enfermidades.

Gustoume moitísimo!!!

ALBA (3º ESO)

Gustoume moito. Todo me pareceu interesante.

IVÁN P. (3º ESO)

Gustoume e axudoume a aprender que ás mulleres lles gustan moito as caricias e os bicos, e que debemos excitarnos bastante para facelo máis comodamente.

KIKE (3º ESO)

O Armiño dorme

Esta é unha novela diferente. Volve moiotos anos atrás cara os tempos lonxanos do século XVI pero conectando, dalgunha maneira, con problemas que hoxe, por moito que nos pese, seguen de actualidade.
Reúne varias temáticas, como as diferenzas de clases sociais, os conflictos na familia, as diferenzas de pensamento... e unha bonita historia de amor.
Pero o que máis chama a atención é o comportamento da protagonista, que pasa de non ter nada na vida, a telo todo. O seu paso por eses estremos fai que vexa as cousas cunha perspectiva difernte á dos demais.
Eu anímovos a ler a novela, porque penso que á parte de ser un libro estupendo para o lecer, del podes aprender valores realmente importantes da vida.
Comentario de Inés (4º ESO)